• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Súper-estiramento Sesame

  • juegos Súper-estiramiento Sesame
  • juegos educativos contra obesidad
  • Juegos educativos actividad física
Idade: 
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Valores que traballa: 
Actividade física saudable e importancia dos estiramentos para un corpo san.
Descrición:

Súper-estiramento Sesame é un xogo activo que lles ensina aos alumnos de educación infantil e primaria a importancia do estiramento como complemento á actividade física saudable e sen perigos. Este xogo cómpre realizalo nun espazo amplo, recreo ou aula espazosa. A proposta consiste en imprimir a táboa de súper-estiramentos Sesame, que inclúe exercicios como dobrar os xeonllos, sacudirse, estarricarse ou tratar de tocar os dedos dos pés coas mans. A táboa está dispoñible no enlace da ficha, na páxina 32. A táboa de súper-estiramentos será unha especie de taboleiro para este xogo activo da flexibilidade: o alumno ou alumna escollido debe lanzar un dado ou cubo no taboleiro e agardar a coñecer en que estiramento cae. Velaí o exercicio que todos os nenos e nenas da clase deberán repetir! Este simple xogo permitiralle ao profesor ou profesora lanzar preguntas, por exemplo: "Que sentides logo de estirardes os músculos?" ou “hai algún lugar que vos gustaría estirar máis para vos mover máis facilmente?" Súper- estiramentos Sesame, creado pola asociación Sesame Workshop, é un divertido xogo activo, cunha posta en práctica moi sinxela, que lle ofrece ao profesorado de infantil e primaria a oportunidade de traballar a importancia do estiramento para realizar unha actividade física saudable.

Tamén che pode interesar