• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Which way do I go? (Cara a que dirección vou?)

  • juegos contra obesidad escolares
  • Juegos Which way do I go? ¿Hacia qué dirección voy?
  • Juegos educativos deporte colegios
Idade: 
Alumnos de infantil e primaria.
Idioma do recurso: 
Inglés
Valores que traballa: 
Prevención da obesidade a través da actividade física saudable.
Descrición:

Which way do I go? (Cara a que dirección vou?) é un xogo activo, en inglés, para fomentar a actividade física como medio de prevención da obesidade. Está pensado para xogar con alumnos e alumnas de educación infantil e primaria, ao aire libre ou nun espazo interior amplo.
Este xogo, creado pola fundación infantil Kids Health, propón recortar unha serie de sinais, dunhas maquetas xa creadas, e escribir dentro unha dirección de movemento. Por exemplo, forward (cara a adiante), backward (cara a atrás), sideways (cara ao lado), etc.
Os sinais recórtanse e pégaselles por detrás unha palliña de plástico, como as de beber batidos, botando man dun pouco de cinta illante. As maquetas están dispoñibles no enlace da ficha.
Un dos nenos ou nenas será o encargado de tomar os sinais, mentres que un segundo estudante -ou o profesor- elixirá unha acción, que deberá dicir en voz alta para que todos a executen co corpo: por exemplo, jump (saltar), run (correr), etc. O escolar cos sinais levantará un, para indicar a dirección na que hai que realizar a acción proposta.
A idea é que o profesor introduza este xogo activo dentro das súas sesións de prevención da obesidade na aula, co fin de traballar dun xeito práctico a importancia de realizar actividade física en grupo para uns hábitos de vida saudables.

Tamén che pode interesar