• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Lotaría de froitas e verduras

  • Lotaría de froitas e verduras
  • Lotería de frutas y verduras - Ficha1
  • Lotería de frutas y verduras - Ficha2
  • Lotería de frutas y verduras - Ficha3
Descrición:

Lotaría de froitas e verduras é un xogo de azar no que cada participante ten unha ou varias fichas cunhas froitas e verduras impresas. Aleatoriamente elíxense e vanse anunciando ao chou verduras e froitas en voz alta; se coincide coa ficha marcarase a devandita coincidencia

 

O primeiro que consiga tachar unha liña horizontal de froitas e verduras recibirá un premio, e o que consiga tachar todas as froitas e verduras do cartón recibe o maior premio como gañador da partida.