A pirámide de Alicia é un xogo-recortable, construído en papel, que lles ensina aos alumnos e alumnas de educación primaria qué hai que comer para estar sans e mais a importancia do deporte para evitar a obesidade infantil.
Este recortable dos hábitos saudables conta con catro caras animadas, que lles propoñen, por medio de bonecos e debuxos, as seguintes cuestións aos escolares: que comes?, como se cociña?, como comes? e móveste dabondo?
Os alumnos pódeno imprimir, pegar nunha cartolina dura e recortar, para se entreteren despois coa montaxe da figura na súa forma definitiva: unha pirámide dos hábitos de vida saudables, que poderá permanecer nos seus pupitres durante as clases de alimentación sa. A maqueta está dispoñible no enlace incluído na ficha.
A cara que comes? amosa a clásica pirámide nutricional, co fin de lles servir aos escolares de referencia durante as leccións de alimentación. Pola súa banda, o lateral como se cociña? advírteos de que o xeito de preparar os alimentos tamén inflúe á hora de decidir con que frecuencia os podemos comer.
A cara como comes? Lémbralles aos nenos e nenas a importancia dos bos hábitos na mesa; e, para rematar, o lado móveste abondo? reflexiona sobre a importancia da actividade física entre os escolares, co fin de previr a obesidade.
A pirámide de Alicia, creada pola Fundación Alicia, é un recurso didáctico que pretende converterse nun amigable material gráfico de apoio da alimentación saudable para os alumnos e alumnas de educación primaria.
A pirámide de Alicia
Edad:
Alumnos de educación primaria.
Idioma del recurso:
Castellano
Valores que trabaja:
Alimentación saudable e actividade física para previr a obesidade infantil.
Descripción: