Azalpena
A Guía Didáctica: Plan de Consumo de Froitas nas Escolas está pensada para os profesores de primaria. Este manual ofrece o esqueleto de partida para programar e poñer en marcha proxectos de fomento do consumo de froita entre os escolares. Pero, como involucrar ao resto dos docentes, aos pais e nais e aos propios alumnos? Esta guía incorpora algunhas claves para logralo: desde coidar os primeiros pasos do programa ata poñer en marcha accións de comunicación entre os participantes. O manual docente, apoiado con material didáctico, é eminentemente práctico: permite poñer en marcha proxectos de fomento da froita nas escolas. Mais, se cadra, unha das partes máis interesantes é a dedicada a explicar iniciativas que xa funcionan noutros centros educativos. Unhas propostas que poden ser reproducidas ou adaptadas para outras escolas. Algunhas ideas que incorpora son a creación dun froitómetro na escola (mural que permite constatar o incremento do consumo de froita dos alumnos durante os meses que dure o programa), actividades de degustación e posta en común de sensacións achegadas polas froitas, visitas a produtores e zonas rurais, así como a posta en marcha de pequenas hortas escolares.Argitaletxea
Junta de Andalucía.Hartzaileak
Lehen Hezkuntzako irakasleak.