1.- IDENTIDADE DO TITULAR DESTA WEB

EROSKI S. Coop.
Barrio San Agustín, s/n.
48230 Elorrio
Bizkaia
CIF.- 20033361-F

info@fundacioneroski.es (Este correo é exclusivamente para cuestións técnicas relacionadas coa web de EROSKI. Por favor, non o empregues para facernos chegar outro tipo de temas porque non será xestionado. Para iso debes utilizar o noso formulario online. Grazas).

Inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia ao Tomo 3.630, Folla BI- 21.221, Folio 1, Inscrición 1ª, e no Rexistro Oficial de Cooperativas do Ministerio de Traballo, Libro Rexistro de Cooperativas, Sección Central, Tomo X, Folio 904, asento 14, novo número e clase 1.526-SMT, mantendo o anterior, 17.115.

2.- INTRODUCCIÓN

O acceso a esta web atópase condicionado á previa lectura e aceptación por parte de calquera usuario dos termos, condicións, comunicacións, advertencias e demais avisos legais contidos nas presentes cláusulas.

O acceso e posterior utilización desta por parte do usuario implicará a súa conformidade de forma expresa, plena e sen reservas, coa totalidade do seu contido. O citado acceso ten carácter gratuíto.

Se o usuario non estivese de acordo co contido das presentes Condicións Xerais de navegación deberá abandonar esta web, non podendo acceder nin dispoñer dos servizos que esta ofrece.

Igualmente, acepta de forma expresa e sen excepcións que o acceso e a utilización do presente sitio web, dos seus servizos e dos contidos dos devanditos servizos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

O acceso a esta web ten carácter gratuíto e a súa visualización non require logo de subscrición ou rexistro ningún.

As conexións con outros sitios web que puidesen existir, así como o uso que o usuario poida facer destas, está suxeito ás presentes Condicións Xerais de uso así como aos eventuais condicionamentos específicos que os citados sitios web requiran. Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida.

EROSKI S. Coop. poderá modificar de modo unilateral, en calquera momento que estime oportuno, a configuración da presente web, as condicións do servizo e o seu contido, así como eliminalos, limitalos ou suspendelos de xeito temporal ou definitivo, así como impedir o acceso a estes procurando informar o usuario do devandito cambio, sempre e cando as circunstancias llo permitan, a través da súa publicación na páxina web.

3.- DEREITOS E OBRIGAS DO PRESTADOR DOS SERVIZOS

1.- Como provedor do servizo, EROSKI S. Coop. atópase obrigada a prestar os servizos ofrecidos pola presente web, a garantir eficazmente o segredo das comunicacións que puidesen existir co usuario así como a responder ás reclamacións que eventualmente puidesen formularse.

2.- En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, EROSKI S. Coop. ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso a accesibilidade á presente web, así como a reservar para si o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

3.- O uso que os usuarios poidan realizar dos servizos e/ou datos e/ou información subministrada a estes a través da presente web realizarase por conta e risco do usuario.

EROSKI S. Coop. non garante, directa ou indirectamente, a información ou os servizos ofrecidos, agás aquelas garantías que en virtude das leis aplicables deban ser outorgadas ou que queden explicitamente descritas nun acordo entre esta sociedade e o usuario.

EROSKI S. Coop. non garante o contido subministrado, se é o caso, por terceiras persoas, nin garante a veracidade, fiabilidade, precisión, oportunidade ou conveniencia da información subministrada para o destino que os usuarios ou calquera outra persoa fagan desta.

4.- Os dereitos de propiedade intelectual sobre a presente web son titularidade de EROSKI S. Coop.. O exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación pertencen á citada compañía, sen prexuízo do exercicio por parte de terceiros do dereito a cita.

4.- DEREITOS E OBRIGAS DO USUARIO

1.- En todo momento, o usuario debe realizar un uso lícito dos servizos da presente web de acordo coa legalidade vixente, respectando os dereitos de propiedade intelectual de EROSKI S. Coop. ou terceiros.

Neste sentido, o usuario garante que as actividades que desenvolva a través da presente web se adecuarán á lei, a moral, a orde pública, os bos costumes e en ningún caso resultarán ofensivas para o bo nome e imaxe comercial de EROSKI S. Coop. ou calquera outras sociedades integrantes do GRUPO EROSKI, para outros usuarios da web ou terceiros.

2.- O usuario non realizará a través dos servizos que pon ao seu dispor EROSKI S. Coop. ningunha acción que cause dano ou alteración dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento da web, non causando problemas técnicos de ningunha índole, non transferindo elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente a presente web, así como a non intervir ou alterar o correo electrónico doutros usuarios.

3.- A responsabilidade do usuario sobre a veracidade dos datos introducidos, no caso de que o fixese por calquera circunstancia, é exclusiva, polo que en caso de facilitar datos falsos ou inexactos, EROSKI S. Coop. resérvase o dereito a prohibirlle o acceso a esta web.

5.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE POLO FUNCIONAMENTO DO SITIO WEB E DOS SEUS SERVIZOS

1.- EROSKI S. Coop. non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do presente sitio web e dos seus servizos.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio web.

En calquera caso, EROSKI S. Coop. realizará os seus mellores esforzos de cara a manter a dispoñibilidade continuada da presente web.

2.- EROSKI S. Coop. pon ao dispor dos usuarios os sistemas de privacidade de datos persoais que impidan o acceso a estes por parte de terceiros.EROSKI S. Coop. implantou todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias que garantan a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos datos persoais facilitados polo usuario.

Neste sentido, a citada sociedade exímese de toda responsabilidade polos danos e perdas ocasionados en caso de producirse tal coñecemento.

3. - Malia que EROSKI S. Coop. implantou todas aquelas medidas adecuadas para garantir a seguridade nesta materia non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos da presente páxina web que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do usuario ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.

EROSKI S. Coop. exímese de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que poidan deberse á presenza de virus nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos, ficheiros etc.

4.- EROSKI S. Coop. non ten obriga e non controla a utilización que os usuarios fan do presente sitio web, dos servizos e dos seus contidos. En particular, esta sociedade non garante que os usuarios utilicen o presente sitio web, os seus servizos e os seus contidos de conformidade con estas Condicións Xerais e, no seu caso, as Condicións Particulares que resulten de aplicación, nin que o fagan de forma dilixente e prudente.

Esta sociedade tampouco ten a obriga de verificar, e non verifica, a identidade dos usuarios, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que os mesmos proporcionan sobre si a outros usuarios.

5. - O usuario acepta que o Portal foi creado e desenvolvido de boa fe por EROSKI S. Coop. con información procedente de fontes internas e externas e ofréceo no seu estado actual aos usuarios, podendo conter imprecisións ou grallas. Por iso, o usuario exonera a EROSKI S. Coop. de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsa expectativa que o Portal puidese producirlle durante a súa navegación por este.

6.- PROPIEDADE INTELECTUAL

Todos os dereitos sobre o contido da presente web pertencen a EROSKI S. Coop., agás aqueles de empresas coas que asinara o correspondente contrato para a provisión de contidos, e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.

O deseño, imaxes, mapas, gráficos, marcas, rótulos, signos distintivos ou logos de EROSKI S. Coop., frames, banners, o software e os seus distintos códigos, fonte e obxecto, etc. desta web son titularidad de EROSKI S. Coop., que posúe lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre estes.

Os logos ou signos distintivos do resto de sociedades integrantes do denominado GRUPO EROSKI e que puidesen aparecer nesta web durante a navegación do usuario son titularidade de cada unha delas, dispoñendo lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre estes, consentindo expresamente que os mesmos sexan incorporados, se é o caso, na presente web.

O usuario que acceda a esta web non pode copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder, vender os elementos devanditos ou crear con eles novos produtos ou servizos derivados da información obtida sen contar coa autorización expresa de EROSKI S. Coop., que se poderá solicitar a través do correo electrónico info@eroski.es.

Unicamente queda autorizada a visualización e carga para o uso persoal e non comercial do usuario, sen que poida facelo extensivo a terceiras persoas ou entidades.

No caso de gráficos ou deseños que aparezan nesta web dos que sexan titulares empresas colaboradoras de EROSKI S. Coop. seranlles de aplicación, igualmente, as presentes condicións, salvo pacto en contrario.

Queda terminantemente prohibida a alteración do contido ou estrutura desta web por parte do usuario.

EROSKI S. Coop. velará para que os contidos desta web non teñan carácter pornográfico, xenófobo, discriminatorio, racista, difamatorio e para que non fomenten a violencia. Do mesmo xeito procurará evitar calquera circunstancia que poida ser daniña para os usuarios.

7.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os datos persoais que o usuario da presente web puidese proporcionar pasan a formar parte dun ficheiro automatizado propiedade de EROSKI S. Coop.co obxecto de poder recibir puntualmente na súa caixa de correo electrónica información relativa a actividades e servizos desta sociedade.

Os seus datos persoais serán tratados de forma confidencial e non serán cedidos a terceiros alleos a EROSKI S. Coop.. En calquera caso, o usuario poderá exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1.999, do 13 de Decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal dirixíndose a EROSKI S. Coop. con domicilio social en Barrio San Agustín, s/n, Elorrio, Bizkaia ou ben contactando con esta sociedade a través da seguinte dirección de correo electrónico:
info@consumer.es

A primeira vez que o usuario acceda á presente páxina web, o servidor de EROSKI S. Coop. enviará ao seu ordenador un ficheiro denominado "cookie". Unha "cookie" é un pequeno arquivo de texto que o navegador recolle e almacena mentres o usuario navega pola web. Desta forma, EROSKI S. Coop.pode coñecer determinada información acerca da navegación do usuario pola súa páxina, permitíndolle adaptar a mesma ás preferencias do usuario nas súas seguintes visitas.

En caso de que o usuario non desexe recibir "cookies" durante a navegación, deberá desactivar a opción correspondente do seu navegador, de tal forma que impida a instalación de "cookies" no seu ordenador.

8.- COOKIES

Unha cookie é un arquivo de texto que se almacena no ordenador ou dispositivo móbil mediante un servidor Web, e tan só ese servidor é quen de recuperar ou ler o contido da cookie, que lle permite ao Sitio Web lembrar preferencias de navegación e navegar de xeito eficiente. As cookies fan a interacción entre o usuario e o sitio Web máis rápida e doada.
1. Este Sitio Web utiliza os seguintes tipos de cookies:

Nome da Cookie Finalidade

Como?

Sesión

Rexistrar as entradas de datos do usuario no Sitio Web

Cando o usuario cubre un formulario

Tenda Favorita

Recoñecer a tenda favorita seleccionada polo usuario, para posteriores visitas ao Sitio Web. Faise coa finalidade de lle ofrecer información relacionada coa tenda que designou do seu interese

Cando accede ao Sitio Web

"plug in" de redes sociais

Permitir ao usuario compartir contidos con membros dunha determinada rede social

Sempre e cando o usuario non se desconectase dunha rede social

Google Analytics

Para realizar as estatísticas de uso do Sitio Web utilizamos as cookies coa finalidade de coñecer o nivel de recorrencia dos nosos visitantes e os contidos que resultan máis interesantes. Deste xeito podemos concentrar os nosos esforzos en mellorar as áreas máis visitadas e facer que o usuario atope máis doadamente o que busca. No Sitio Web pódese utilizar a información da súa visita para realizar avaliacións e cálculos estatísticos sobre datos anónimos e mais para garantir a continuidade do servizo ou para realizar melloras nos seus sitios Web. Para máis detalles, consulte no seguinte enlace a política de privacidade [ http://www.google.com/intl/es/policies/privacy/]

Cando accede ao Sitio Web

2. Consentimento

O usuario coa aceptación destas condicións consente o uso das cookies. Este sitio Web utiliza aquelas estritamente necesarias para o seu correcto funcionamento e para realizar estatísticas de uso Web, que en ningún caso fan identificable o usuario.

O almacenamento e tratamento da información obtida deste xeito obedece a unha finalidade técnica, co fin de efectuar a transmisión dunha comunicación por unha rede de comunicacións electrónicas, así como poder levar a cabo a prestación dun servizo da sociedade da información expresamente solicitado polo usuario rexistrado.

En calquera caso, o usuario pode acceder ao menú de preferencias do seu navegador e configuralo para que non se instalen cookies, borrar as xa existentes e/ou eliminalas antes de iniciar a navegación por outras páxinas do Sitio Web. Ademais, pode utilizar tamén ferramentas de bloqueo de cookies de rastrexo como Do Not Track.

9.- VÍNCULOS OU ENLACES HIPERTEXTUAIS

Ningún terceiro poderá establecer relación de 'framing' entre as súas páxinas web e a presente páxina web.

No suposto de que a presente páxina web puidese conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios web non xestionados por EROSKI S. Coop., esta sociedade manifesta que non exerce control ningún sobre os devanditos portais ou sitios web, nin é responsable do seu contido. Os enlaces que esta web puidese conter ofreceranse, unicamente, a xeito de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos dende estes.

En todo caso, EROSKI S. Coop. e as empresas do GRUPO EROSKI exonéranse de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados por ditos terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e demandas que puidesen interpoñerse en relación con estes.

10.- NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais de navegación e uso da presente web fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz afectará tan só á devandita disposición ou parte desta que resulte nula ou ineficaz subsistindo en todo o demais o resto de condicións xerais e téndose tal disposición ou a parte desta que resulte afectada por non posta salvo que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, tivese que afectalas de forma integral.

11.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas Condicións Xerais de uso e navegación, así como calquera relación entre o usuario e EROSKI S. Coop., rexeranse pola lexislación española.

Para calquera litixio derivado da existencia ou contido das presentes Condicións Xerais ou das relacións entre o usuario e EROSKI S. Coop. ambas as dúas partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Bilbao (Bizkaia).