• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Unidades didácticas

Expertos en pedagoxía deseñaron distintas unidades de traballo, axustadas aos diferentes tramos de idade, co obxectivo de fomentar hábitos saudables no alumnado, tanto dende o punto de vista da nutrición e o coñecemento dos alimentos, coma da saúde, a hixiene ou coidado do ambiente.

Quero participar

Rexístrate
3-6 anos

Recursos experienciais para traballar a educación nutricional e ambiental dende idades temperás. Inclúe unha Guía didáctica do docente, Xogos para desenvolver en clase e un Conto interactivo sobre a reciclaxe para estender a práctica ao eido familiar.

6-8 anos

Material dirixido a un alumnado cada vez máis autónomo na súa alimentación. Inclúe unha Unidade didáctica do docente, Informes do alumnado con cómics e actividades para realizar na aula e na casa, e un Xogo interactivo que anima a seguir coidando a saúde e o ambiente con pequenos retos.

8-12 anos

Contido educativo desenvolto por expertos pedagogos e dietistas-nutricionistas que busca cumprir os obxectivos curriculares desta etapa. Inclúe unha Unidade didáctica do docente, Informes do alumnado con actividades interactivas e auto correctivas, e un xogo interactivo para continuar fomentando hábitos saudables e o respecto polo ambiente.

Accede ao rexistro para docentes na plataforma de aprendizaxe online

Fai clic aquí e rexístrate

Diploma de escola saudable

Pensamos que os Centros Educativos que promoven unha alimentación sa e uns hábitos de vida saudables entre os seus alumnos merecen ser recoñecidos. Por iso, todos os Centros que realicen o Programa Educativo obterán o diploma de ""Escola Saudable""

Solicita o teu diploma