• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Educación para o consumo.

  • Libro Educación para el consumo secundaria
Editorial: 
Oficina de Publicacións da Comisión Europea.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Destinatarios: 
Profesores de educación secundaria.
Descrición:

Educación para o Consumo é un completo e interesante manual para alumnos de secundaria, que traballa os beneficios da alimentación saudable e caseira, e que lles presta especial interese ás consecuencias da comida rápida ou "alimentos lixo". O libro contén recursos didácticos que se poderán incorporar ao programa educativo de secundaria. A proposta de traballo apóiase, adicionalmente, no visionado dos documentais Sabemos o que comemos? e mais Slow Food, ambos os dous producidos por RTVE. Interesante pola súa proposta e metodoloxía -soportada en vídeos- que busca empatizar cos alumnos de secundaria.

Tamén che pode interesar