• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A hamburguesa que non quería ser comida lixo

  • A hamburguesa que non quería ser comida lixo
Idioma do recurso: 
Castellano y Ingles
Prezo: 
Gratuíto
Descrición:

A hamburguesa que non quería ser comida lixo é un fermoso libro para nenos no que os protagonistas da historia son unha hamburguesa, as súas irmás hamburguesas e os clientes do restaurante no que a diario se serve este tipo de comida.

A hamburguesa ten moitas vidas, pero un día éntralle a preocupación despois de escoitar un cliente falar da comida lixo. A partir dese momento a hamburguesa argalla un plan para rematar con esa mala fama e axudar a que os seus clientes teñan unha boa alimentación.

A maior vantaxe educativa que atopamos neste libro é a capacidade que ten de transmitir valores importantes dun xeito sinxelo e axeitado para os máis pequenos. 

Tamén che pode interesar