• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Barrio Sésamo: Aprender a comer ben

  • Barrio Sésamo: Aprender a comer bien
  • Vídeos alimentación sana para niños
  • Vídeos educativos para niños
Idade: 
Alumnos de infantil e primeiros anos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
8 minutos
Valores que traballa: 
A importancia de utilizar os cubertos e de coidar os modais na mesa, como lección complementaria a unha alimentación saudable.
Descrición:

Espinete, o inesquecible ourizo do clásico programa infantil Barrio Sésamo, ensinaralles aos alumnos de infantil e primaria como utilizar os cubertos e o importante que é coidar os modais na mesa durante as comidas, como complemento a unha alimentación saudable.
Espinete ten algúns problemas cos seus modais durante as comidas, e usa as mans. Pero Antonio, o dono da orchatería do barrio, vaille ensinar como facer un uso correcto dos cubertos.
A primeira lección que Espinete precisa coñecer é que existen diferentes tipos de utensilios –culler, garfo, coitelo, culleriña de sobremesa-, con diversas funcións. Ademais, o simpático ourizo tamén vai aprender que é importante seguir unha orde nas comidas para manter unha alimentación saudable, e que non é posible comezar coa sobremesa, como pretende.
Ao final, todos os personaxes do mítico barrio cantarán unha melodía educativa que lles vai ensinar aos nenos e nenas como empregar os cubertos e a coidar os modais na mesa, do xeito máis divertido.