• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Caillou odia os vexetais

  • Vídeos educativos para niños
  • Vídeos alimentación educación infantil y primaria
  • Vídeos vegetales niños
  • Caillou odia los vegetales
  • prevenir la obesidad niños
Idade: 
Alumnos de infantil e primeiros cursos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
3 minutos
Valores que traballa: 
O consumo de verduras entre nenos e nenas.
Descrición:

Caillou, o famoso neno calvo creado por Christine L' Hereux, aprende neste vídeo a gozar dos vexetais e mais o importantes que estes son para medrar forte e con enerxía.
Caillou aborrece a verdura e só quere tomar galletas e chocolate. Mais durante un paseo polo parque co seu avó, o neno descobre un verme que come follas e aprende que así obtén a enerxía que precisa para se tornar nunha bolboreta.
Tamén descobre que os esquíos comen noces e que ata os osos toman vexetais para estaren tan fortes. Para cear, a avoa de Caillou preparou chícharos... Que pasará?
A través do xogo, e grazas aos coñecementos adquiridos durante o seu paseo polo parque, Caillou aprendeu a gozar dos vexetais. E vainos comer con moito gusto!

Caillou odia as verduras ensínalles aos nenos e nenas de infantil e primeiros anos de primaria o importante que é o consumo de verduras. E, ademais, o divertidas que estas comidas poden chegar a ser.

Tamén che pode interesar