• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A bailar con Tix e Loy

Idade: 
Alumnos de primaria.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
4:20 minutos
Valores que traballa: 

Prevención da obesidade a través da actividade física saudable.

Descrición:

A bailar con Tix e Loy é unha divertida canción que, a ritmo de rock, convida os rapaces e rapazas a bailar e mellorar os seus hábitos de vida saudables, como medio de prevención da obesidade.

Este recurso educativo sonoro está pensado para xogar, bailar e cantar cos alumnos e alumnas de educación primaria, ao aire libre ou nunha aula ampla.

Os nenos Tix e Loy, creados polo programa educativo escolar de fomento da alimentación sa e dos hábitos de vida saudables Enerxía para Medrar, da Fundación Eroski, son os encargados de motivar aos escolares.

A proposta sonora convida os cativos a seguir algúns movementos sinxelos, como bailar e erguer xuntos as mans. Pero tamén traballa e reforza a autoestima dos alumnos e alumnas, xa que os anima a se moveren e a viviren con ilusión; mentres que realizan exercicio.

Tamén che pode interesar