• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Como presentar os alimentos máis atraentes para os nenos

  • Cómo presentar los alimentos más atractivos para los niños
  • Infografía educativas Alimentos sanos para niños
  • infografías alimentacion educación secundaria
  • Infografía educativa profesores
Descrición:

A infografía Como presentar os alimentos máis atraentes para os nenos ofrece as claves para lles facer as comidas sas -con peixe, froitas e verduras- máis interesantes aos escolares, co fin de fomentar uns hábitos alimentarios saudables desde cativos.
Este gráfico educativo animado explica como dispor os alimentos no prato dos nenos e nenas, co fin de facer as comidas máis sedutoras, e mais a importancia de incluír cores variadas nos pratos e de colocar os ingredientes de maneira divertida.

Tamén che pode interesar