• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Menú infantil

  • Infografía Alimentos Menú infantil
  • Infografía  Alimentos sanos para niños
  • infografías alimentacion educación primaria
  • Infografía educativa profesores
Descrición:

A infografía Menú infantil ensina a importancia de educar en bos hábitos alimenticios aos nenos e nenas durante a etapa escolar, co fin de previr problemas de saúde e mais a obesidade infantil.
Esta animación educativa explica como as necesidades nutritivas e de enerxía dos nenos e nenas varían coa idade e coa etapa de crecemento na que se atopen. E ofrece un decálogo de consellos de alimentación saudable infantil, co fin de que esta sexa o máis variada, equilibrada e atraente posible para os escolares.

Tamén che pode interesar