• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Xogamos todos

  • Vídeo Jugamos todos
  • Vídeos contra la obesidad infantil
  • Vídeos actividad física niños
  • Vídeos educativos para niños
  • Vídeos deportes educación infantil
Idade: 
A partir de seis anos.
Idioma do recurso: 
Castelán
Duración: 
12 minutos
Valores que traballa: 
A práctica de deporte para previr a obesidade infantil.
Descrición:

Lidia sae cada tarde, logo de rematar os deberes, a buscar o seu amigo Carlos, co obxecto de convidalo a xogar un partido de baloncesto no parque. Mais o seu amigo aínda non descubriu a importancia da actividade física e prefire quedar na casa, xogando coa consola e comendo flocos de millo ou bolería industrial.
O consumo de alimentos pouco saudables, non obstante, está a facer que Carlos engorde moito. E, como tampouco practica deporte, cada vez cústalle máis esforzo xogar no parque e realizar actividade física.
Grazas a unha profesora e a un programa de deportes variados que se pon en marcha na escola, Carlos un día vai descubrir o ben que se lle dá xogar á petanca: este achado aumentará a súa autoestima, farao esforzarse, adestrar forte e esquecer os solitarios videoxogos.
Este vídeo educativo de 12 minutos resulta un interesante recurso para animar os nenos e nenas en idade escolar a practicar actividade física e divertirse. A súa ensinanza? Todos temos un deporte ou xogo que se nos dá ben e que nos fai sentirnos mellor con nós mesmos.

Tamén che pode interesar