
Co xogo interactivo "Quiz do Prato Saudable", os nenos e nenas aprenderán de maneira divertida os principios dunha alimentación equilibrada. A través dun quiz interactivo, deberán responder preguntas para completaren as diferentes seccións do prato saudable e descubriren a mellor forma de conseguir unha dieta equilibrada.
Dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos
Tempo estimado: 5- 10 minutos
O xogo aborda de forma amena e accesible os seguintes conceptos clave sobre alimentación saudable:
• Os grupos de alimentos e a súa importancia na dieta.
• A proporción recomendada de cada tipo de alimento no prato.
• Os nutrientes esenciais e a súa función no organismo.
• A importancia da variedade e o equilibrio na alimentación.
• A hidratación e o seu papel na saúde.
• A elección de alimentos saudables no día a día.
O xogo ten como obxectivo principal:
Fomentar o coñecemento e a aplicación dos principios do Prato Saudable, axudándolles a identificar os distintos grupos de alimentos, a súa proporción recomendada e a súa función no organismo, co fin de promover hábitos alimentarios equilibrados e conscientes de maneira lúdica e interactiva.
Material