Descripción
Este libro narra o que acontece cando os nenos Kontxi e Tontxu piden un peculiar desexo: transformar o sabor de toda a comida en chocolate. A arela dos pequenos tórnase realidade, e axiña o peixe, as verduras e ata o zume de laranxa do almorzo lles saberá a chocolate. Agora ben, o feitizo vai aburrir os cativos decontado, e axiña devecerán polos gustos e cheiros únicos do resto de alimentos. Con sabor a chocolate é un conto didáctico, breve e con gran cantidade de ilustracións, pensado para facilitar a educación en consumo entre os nenos de primaria. O libro acompáñase de material didáctico para o profesorado e mais de xogos e doutras actividades de fomento da alimentación saudable para o alumnado. Tamén inclúe fichas didácticas para traballalas na aula. Todo iso está dispoñible de modo gratuíto en formato de documento PDF, listo para imprimir e utilizar.Editorial
Goberno Vasco.Destinatarios
Lehen Hezkuntzako haurrak.