UDAPA é unha cooperativa participada por produtores agrarios que comparten un proxecto común: ofrecer a mellor pataca do mercado. Dende Udapa ofrécense ao mercado patacas saborosas, uniformes e ricas en nutrientes.
A visita a UDAPA comeza polos campos. Os escolares poderán visitar as plantacións de patacas e coñecer as distintas variedades. Logo poderán asistir a todo o proceso posterior no sector de lavado e envasado, onde se clasifican, agrupándoas para achegaren todas as súas propiedades, segundo os diferentes cociñados.
UDAPA
Obxectivos
- Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
- Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.
Competencias claves
Actividades
Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.
- Da terra ao supermercado.
- O noso receitario.
- Experimento.