• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

Diana fai deporte.

  • App infantil Diana hace deporte
  • aplicaciones para niños
  • App educativas alimentacion
  • App educativas contra obesidad niños
Idade: 
Alumnos de infantil e primaria.
Idioma del recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíta.
Descrición:

Diana fai deporte é unha sinxela aplicación que lles ensina aos nenos e nenas de entre catro e oito anos a importancia de realizar deporte de xeito habitual. Esta app está pensada para que os máis cativos aprendan a facer exercicio e a levar unha vida menos sedentaria.
Esta aplicación infantil inclúe xogos que consisten en colorear online a personaxes que acoden á escola a pé, arrastrar e soltar obxectos, emparellar distintos accesorios deportivos e completar un crebacabezas no que distintas animacións practican deporte.
Con carácter eminentemente lúdico, a aplicación Diana fai deporte pode constituír un divertido punto de partida para traballar a importancia de levar unha vida activa durante a idade escolar.