Idade:
Alumnos de infantil e cursos iniciais de primaria.
Idioma do recurso:
Castelán
Valores que traballa:
Actividade física saudable e importancia dos estiramentos para un corpo san.
Enlace:
Descrición:
Súper-estiramento Sesame é un xogo activo que lles ensina aos alumnos de educación infantil e primaria a importancia do estiramento como complemento á actividade física saudable e sen perigos.
Este xogo cómpre realizalo nun espazo amplo, recreo ou aula espazosa. A proposta consiste en imprimir a táboa de súper-estiramentos Sesame, que inclúe exercicios como dobrar os xeonllos, sacudirse, estarricarse ou tratar de tocar os dedos dos pés coas mans. A táboa está dispoñible no enlace da ficha, na páxina 32.
A táboa de súper-estiramentos será unha especie de taboleiro para este xogo activo da flexibilidade: o alumno ou alumna escollido debe lanzar un dado ou cubo no taboleiro e agardar a coñecer en que estiramento cae. Velaí o exercicio que todos os nenos e nenas da clase deberán repetir!
Este simple xogo permitiralle ao profesor ou profesora lanzar preguntas, por exemplo: "Que sentides logo de estirardes os músculos?" ou “hai algún lugar que vos gustaría estirar máis para vos mover máis facilmente?"
Súper- estiramentos Sesame, creado pola asociación Sesame Workshop, é un divertido xogo activo, cunha posta en práctica moi sinxela, que lle ofrece ao profesorado de infantil e primaria a oportunidade de traballar a importancia do estiramento para realizar unha actividade física saudable.