Barrenetxe é unha cooperativa de agricultores que produce as verduras e hortalizas tradicionais do País Vasco. Caracterízase por estar preto dos mercados e por ofrecer gran variedade, calidade e frescura nos produtos.
Os nosos escolares visitan campos e invernadoiros de froitas e verduras. Aprenden a orixe dos produtos e como se cultivan e recollen. Como coas novas tecnoloxías aplicadas á agricultura se conseguen produtos de primeira calidade. Ensinámoslles a importancia de consumir produtos de tempada para favorecer a economía local. E do campo á mesa. Descubrirán o proceso de elaboración e envasado para que ao mercaren estes produtos nas tendas sexan quen de valorar o esforzo e o traballo dos nosos produtores locais.
Barrenetxe s.coop.
Obxectivos
- Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
- Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.
Competencias claves
- Comunicación lingüística (CL).
- Aprender a aprender (AA).
- Competencias sociais e cívicas (SC).
- Conciencia e expresións culturais (CEC).
Actividades
Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.
- Reflexionamos todos xuntos.
- Clasificamos as verduras e hortalizas por cores.
- Cales son as verduras e hortalizas favoritas da nosa clase?
- O conto dos invernadoiros.