• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Os recursos educativos da Escola de Alimentación inclúen unha coidada selección de libros, contos, xogos, apps, vídeos, cómics, xogos interactivos e infografías para traballar a alimentación saudable e o fomento do deporte cos escolares, dende a educación infantil ata o bacharelato.

Este material externo, dispoñible na web, proporciónalles aos profesores e educadores novos recursos periódicos escollidos polo equipo da Escola, co fin de lles transmitir a importancia dunha vida sa aos seus alumnos e alumnas, do xeito máis divertido e didáctico.

A alimentación dos teus nenos e nenas: nutrición saudable da infancia á adolescencia.

Editorial: 
Corporación multimedia.
Idioma do recurso: 
Castelán
Prezo: 
Gratuíto, dispoñible en formato PDF.
Descrición:

A alimentación dos teus nenos e nenas pretende ser un libro de cabeceira pensado para pais, avós, educadores e outros maiores con responsabilidade na dieta dos menores. Os adultos atoparán prácticos consellos para elaboraren menús de comida semanais para os nenos, unha información que este manual acompaña con vistosos cadros e ampla información gráfica -debuxos e fotografías- que permiten identificar os alimentos segundo as súas características. O libro tamén recolle prácticos trucos e pautas para lles ensinar aos nenos e nenas a importancia de seguiren unha alimentación e uns hábitos de vida saudables. En definitiva, con este manual preparar as comidas saudables dos máis pequenos da casa será, cando menos, un pouco máis sinxelo.

Tamén che pode interesar