• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • registro

Cool food planet

  • juegos online alimentación Cool food planet
  • juegos educativos alimentación sana
  • juego online alimentacion pirámide nutricion
  • Juegos alimentación sana de niños y niñas
  • juegos contra obesidad infantil
Edad: 
Escolares de entre seis e 12 anos.
Idioma del recurso: 
Inglés
Valores que trabaja: 
Comida saudable e seguridade alimentaria.
Descripción:

Cool food planet é unha interesante plataforma educativa de xogos online, en inglés, que persegue mellorar o coñecemento dos escolares en comida equilibrada, saúde e seguridade alimentaria.
Cool food planet está concibida para lles permitir aos alumnos e alumnas de entre seis e 12 anos explorar eles sós os xogos online de alimentación, pero tamén para que os profesores atopen estimulantes recursos didácticos cos que apoiar os seus contidos de nutrición na aula.
Este portal está formado por dous sitios web distintos, en función do grupo de idade dos nenos e nenas: de seis a oito anos ou de nove a 12 anos. Ademais, desde o planeta Cool Food é posible acudir a distintas galaxias temáticas: comida saudable, nutrición e saúde.
Os xogos interactivos que inclúe son enxeñosos e orixinais, desde instrucións para crear cultivos divertidos ata ocorrentes propostas para aprender a utilizar os cubertos (un xogo de tiracroios con garfo), pasando pola illa do exercicio, onde os escolares aprenderán a importancia da práctica de deporte.

También puede interesarte