• iniciar sesión
    Enter your e-mail address or username.
    Enter the password that accompanies your e-mail.
  • rexistro

Caserío Gomiztegui

No casarío Gomiztegi elabórase un exquisito queixo de xeito artesanal, respectando as antigas tradicións. O leite para a elaboración procede da ovella latxa, que é a autóctona do País Vasco. Os nosos escolares visitan os pastos nos que as ovellas se crían en liberdade e gozan de momentos inesquecibles cos años máis pequerrechos. Verán como vive o rabaño e como se elaboran o leite callado e mais o queixo que logo podemos adquirir nas tendas. Gozarán tamén da exhibición do can guiando o rabaño, como parte do pastoreo e apoio ao pastor.

Obxectivos

  • Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
  • Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.

Competencias claves

  • Comunicación lingüística (CL).
  • Aprender a aprender (AA).
  • Competencias sociais e cívicas (SC).
  • Conciencia e expresións culturais (CEC).

Actividades

Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.

  • Localiza no mapa.
  • Preguntas de comprensión.
  • Aprendemos novo vocabulario.
  • Verdadeiro ou falso.
  • O meu debuxo.
Descárgao!

Contidos relacionados

Os produtos da miña terra Galicia

Información sobre produto local. Información sobre Denominación de Orixe Protexida. Actividade: “...

Como me alimento e coido o meu mundo

Comprobar que saben os alumnos de sostibilidade. Intercambiar ideas e opinións sobre o tema en...

Pirámide de alimentación saludable - Consumer

A pirámide da alimentación saudable e os grupos de alimentos

Información sobre a importancia da alimentación. Información sobre as consecuencias dunha mala...