Unidade didáctica 2
Promovemos os hábitos saudables
No capítulo “Fomentamos os hábitos saudables” introdúcese o conto "Aventuras durante o recreo" no que se pon o foco de atención nuns obxectivos e contidos concretos.
De qué vai a conto?
Ao longo das páxinas, Loy, Tix e Kun vivirán diferentes momentos que darán en novas aprendizaxes. Tix verá cales son os efectos de non descansar, Loy descubrirá como superar o medo e Kun comprenderá a necesidade dunha boa hixiene.
Distinguir as emocións básicas para poder xestionalas a partir de diversas estratexias.
Identificar os hábitos saudables coa finalidade de incorporalos nas rutinas diarias.
• Rutinas diarias
• Hábitos de hixiene e saúde
• Expresión e comunicación de sentimentos ou emocións
• Reciclaxe
Dous retos relacionados coa xestión das emocións e un experimento:
1. Reto Que emocións temos?
2. Reto Como acougo?
3. Experimento Onde acaba a sucidade das mans?
• Coñecer o propio corpo e o dos demais, as súas posibilidades de acción eaprender a respectar as diferenzas.
• Desenvolver as súas habilidade s afectivas.
• Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.
• Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
• Desenvolver estratexias para satisfacer de forma cada vez máis autónoma as súas necesidades básicas de afecto, xogo, alimentación, movemento, exploración, hixiene, saúde e seguridade, manifestando satisfccaión polos obxectivos alcanzados.
• Utilizar a lingua como instrumento de comunicación, representación, aprendizaxe e goce, expresión de ideas e sentimentos e valorar a linguaxe oral como medio para regulamentar o comportamento persoal e a convivencia.
Material
Contido relacionado