Ir o contido principal

Unidade didáctica 1

Descubrimos o gusto polos alimentos

No capítulo “Descubrimos o gusto polos alimentos” introdúcese o conto "Loy e o descubrimento do hummus" no que se pon o foco de atención nuns obxectivos e contidos concretos.
 

Quero rexistrarme
Resumo

De qué vai a conto?

Ao longo das páxinas, Loy descubrirá que non sempre hai que cociñar nin comer o mesmo, logrando así atopar un xeito diferente de comer garavanzos.

Ademais, para cada historia propuxéronse unha serie de desafíos e actividades vivenciais que están ligadas ao que se le no conto.

Obxectivos de aprendizaxe

Explorar as diferentes formas de cociñar o mesmo alimento para promover o gusto e o consumo de todos os grupos de alimentos.

Contidos curriculares

• Orixe dos alimentos
• Temporalidade dos alimentos
• Hábito s alimentarios
• Exploración dos sentidos (gusto, olfacto, tacto, vista, oído)
• Hábito s de hixiene
• Reciclaxe

Capacidades curriculares

• Coñecer o propio corpo e o dos demais, as súas posibilidades de acción eaprender a respectar as diferenzas.

• Desenvolver as súas habilidade s afectivas. 

• Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.

• Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.

• Desenvolver estratexias para satisfacer de forma cada vez máis autónoma as súas necesidades básicas de afecto, xogo, alimentación, movemento, exploración, hixiene, saúde e seguridade, manifestando satisfccaión polos obxectivos alcanzados.

• Utilizar a lingua como instrumento de comunicación, representación, aprendizaxe e goce, expresión de ideas e sentimentos e valorar a linguaxe oral como medio para regulamentar o comportamento persoal e a  convivencia.

Material

Contido relacionado

Promovemos os hábitos saudables

Unidade didáctica 2

Promovemos os hábitos saudables

Ver