Unidade didáctica 3
Cuaderno do alumnado
Fomentar hábitos de alimentación saudables, a través de 4 fichas lúdicas e divertidas, que propoñen diversos xogos, actividades creativas e experiencias sensoriais.

A través das 4 fichas que se lle ofrecen ao alumnado, poderán explorar a orixe dos alimentos, diferenciando a súa procedencia e comprendendo a importancia dunha dieta variada e equilibrada. Mediante as experiencias sensoriais e actividades lúdicas, reforzaranse hábitos de hixiene e descubrirán o valor de compartir a comida en familia, promovendo unha relación saudable coa alimentación.
Promover hábitos saudables relacionados coa alimentación, fomentando a curiosidade polos alimentos, o consumo variado e equilibrado, a hixiene e a socialización ao redor da comida, a través de experiencias lúdicas e participativas tanto na aula coma no fogar.
• Orixe dos alimentos.
• Diversidade e equilibrio na alimentación.
• Importancia do consumo de froitas e hortalizas.
• Gozar da comida en familia.
• Hábitos saudables e de hixiene.
• Exploración sensorial dos alimentos.
4 pasos para traballar os hábitos saudables e a alimentación saudable e responsable:
- Orixe dos alimentos
- Diversidade dos alimentos
- Consumo de froitas e hortalizas
- Gozamos comendo en familia.
- Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais
- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
- Desenvolver as súas capacidades afectivas.
- Desenvolver estratexias para satisfacer de maneira cada vez máis autónoma as súas necesidades básicas de afecto, xogo, alimentación, movemento, exploración, hixiene, saúde e seguridade, manifestando satisfacción polos logros alcanzados.
- Observar e explorar de forma activa a súa contorna física, natural e social, desenvolver o sentido de pertenza a esta, mostrar interese polo seu coñecemento, e desenvolverse nela con certa seguridade e autonomía.
- Apropiarse progresivamente das diferentes linguaxes para expresar as súas necesidades, preferencias, sentimentos, experiencias e representacións da realidade.
Material