Unidade didáctica 7
Nutrición no mundo
Sabes que é a malnutrición e en que zonas do mundo sófrena?
Este dossier busca a reflexión por parte do alumnado sobre a importancia de ter unha boa alimentación e, en consecuencia, que problemas carrexa a malnutrición que sofren moitos países do mundo.
Nesta unidade didáctica convídase a reflexionar sobre unha problemática que afecta a moitos países do mundo: a malnutrición.
Comprenderán en que consiste e os tipos de malnutrición que existen. O traballo desta unidade inclúe reflexionar sobre estratexias que os nenos e nenas poderán implementar no seu día a día para combatela.
A aprendizaxe dos contidos deste dossier debe orientarse a unha vertente práctica e útil para o día a día, é dicir, axudar ao alumnado a identificar os conceptos, e a concienciar sobre cada un deles para entender como pode afectar en materia de saúde e que pequenas acciones pode achegar no seu día a día para combatelo.
Reflexionar e concienciarse sobre o estado de malnutrición que sofren moitos nenos no mundo, entender o concepto, os tipos, as zonas afectadas e que se pode facer para combatelo.
• Tipos de malnutrición.
• A malnutrición no mundo.
• Competencias sociais e cívicas.
• Coñecemento sobre outras realidades sociais.
ACTIVIDADE 1: Responder entre todos/as as preguntas
ACTIVIDADE 2: Continúa esta historia...
• Comunicación lingüística.
• Aprender a aprender.
• Competencia dixital.
• Competencias sociais e cívicas.
• Sentido da iniciativa e espírito emprendedor
Material
Contido relacionado