Unidade didáctica 3
Alimentación e hábitos saudables
Coñece cales son os hábitos que che permitirán levar unha vida saudable
Este dossier busca a reflexión por parte do alumnado sobre as implicacións dunha boa alimentación e uns hábitos de vida saudables para a prevención de enfermidades e un bo desenvolvemento físico e mental.
Nesta unidade didáctica concrétanse cales son os hábitos que permiten levar unha vida saudable, tanto na alimentación como na hidratación, a hixiene, a actividade física e o descanso.
É importante axudar ao alumnado a comprender que un estilo de vida saudable non se compón unicamente dun destes hábitos, senón que é o conxunto o que axuda a manter unha mellor saúde.
Por último, débese axudar ao alumnado a utilizar unha correcta linguaxe cando nos referimos a persoas de diferente condición física e de diferente peso, concienciando sobre as implicacións e dano psicolóxico que poden ter algúns comentarios, burlas ou mesmo insultos.
É un bo momento para traballar a cohesión grupal, é dicir, o coñecernos mutuamente e tratarnos co respecto que merecemos.
Integrar hábitos saudables en situacións cotiás, relacionados coa alimentación, a actividade física, a hixiene e o descanso, coa finalidade de manter un estilo de vida saudable.
• Estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento dos diferentes órganos e aparellos.
• Hábitos saudables para previr enfermidades.
• Hábitos de hixiene, coidado e descanso.
ACTIVIDADE 1: Como afecto a alimentación ao noso corpo
ACTIVIDADE 2: Como mellorar os nosos hábitos saudables
ACTIVIDADE 3: Sabes realizar un bo lavado de mans?
• Comunicación lingüística.
• Aprender a aprender
• Competencia dixital.
• Competencias sociais e cívicas.
• Sentido da iniciativa e espírito emprendedor
Material
Contido relacionado