Unidade didáctica 6
Os produtos da miña terra
Coñeces os beneficios dos alimentos de tempada e proximidade?
Este dossier convida a reflexionar sobre a importancia do produto local de cada territorio, a súa riqueza e como un uso responsable e coherente supón un beneficio non só para o ser humano, senón para o medio ambiente.
Nesta unidade didáctica trabállanse diferentes conceptos ao redor dos produtos típicos de cada territorio.
Partindo da base de que os nenos coñecen a importancia dunha dieta equilibrada, o sexto dossier convida a reflexionar sobre o distintos que poden ser os produtos que comemos dependendo da zona onde nos atopemos e sobre a importancia dun consumo responsable para o medio ambiente.
Deste xeito, profunda en conceptos tan importantes como o produto local, a Denominación de Orixe Protexida (DOP) e o produto de tempada, para aprender as vantaxes que presenta o seu consumo e a repercusión que teñen para a economía e a contorna dun territorio.
Identificar e valorar os alimentos propios de cada territorio e conceptos específicos como o produto local ou de tempada.
O obxectivo é facer un uso axeitado e responsable de cada un deles.
• Produto local.
• Denominación de Orixe Protexida (DOP).
• Produto de tempada.
• Consumo responsable.
ACTIVIDADE 1: Xogamos cos nomes dos alimentos
• Comunicación lingüística.
• Aprender a aprender.
• Competencia dixital.
• Competencias sociais e cívicas.
• Sentido da iniciativa e espírito emprendedor
Material
Contido relacionado