Os produtos da miña terra
Dentro do programa educativo 'Enerxía para Medrar', da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI, queremos salientar a importancia dos produtores agroalimentarios locais. O obxectivo principal desta actividade é que o alumnado, moi motivado por esta ferramenta educativa, poida vivir a experiencia real dunha visita a un produtor agroalimentario sen necesidade de saír da aula.
Ver para crer… e aprender
Coñecen os teus alumnos de onde sae o queixo, a carne ou as patacas? En definitiva, coñecen a orixe dos produtos que consumen habitualmente?
Mediante a nosa ferramenta educativa, descubrirán o proceso de elaboración que levan a cabo distintos produtores agroalimentarios locais e ademais, mediante as actividades asociadas afianzarán o aprendido. É moi sinxelo, só tes que seguir os pasos.




Arroyabe
Bermeo (Bizkaia)Arroyabe é unha conserveira de peixe situada no concello biscaíño de Bermeo. Conta con máis de 100 anos de historia, xa que antigamente se pescaba nos portos do Norte e subministrábase peixe a todas as cidades do interior da península. A día de hoxe, acontece o mesmo. O peixe chega directamente...
Ver videoDescubre os nosos talleres - Produtores locais
Os produtores locais manteñen vivas as tradicións e mais a cultura da súa rexión. Consumir os seus produtos permítenos coñecer a nosa terra e establecer vínculos co noso contorno. A gastronomía de cada Comunidade é rica, variada e ofrécenos produtos de primeira calidade.