Taller online
Lacturale
Visitamos unha fabrica produtora de leite con máis de 1000 vacas!
Hoxe visitamos Lacturale, unha fábrica produtora de leite que ten 1000 vacas. Para ter unha dieta equilibrada é moi importante facer un almorzo completo, con froita, cereais e lácteos. O leite dos nosos produtores locais é de primeira calidade e en lugares como Lacturale o seu proceso de elaboración é natural para que o consumidor poida gozar de todas as súas propiedades. Sabes que toman os becerros para medraren, canto pesa unha vaca que dá leite e cantos litros de leite se poden muxir ao día? Goza dunha visita mooooooooi divertida.
- Coñecer un produtor agroalimentario e o seu produto final.
- Ser conscientes da importancia de consumir produtos locais.
Estas actividades pódense levar a cabo de xeito individual ou en grupo pequeno, e é moi beneficiosa a posta en común do traballo realizado por todos os alumnos.
- Completa o mapa conceptual.
- Resolve estes problemas matemáticos.
- Contesta as seguintes preguntas.
- Comunicación lingüística (CL).
- Aprender a aprender (AA).
- Competencias sociais e cívicas (SC).
- Conciencia e expresións culturais (CEC).
Material
Contido relacionado