• iniciar sesión

    Escriba o seu nome de usuario Enerxía para medrar.

    Escriba o contrasinal asignado ao seu nome de usuario.

  • rexistro

Os produtos da miña terra

Dentro do programa educativo 'Enerxía para Medrar', da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI, queremos salientar a importancia dos produtores agroalimentarios locais. O obxectivo principal desta actividade é que o alumnado, moi motivado por esta ferramenta educativa, poida vivir a experiencia real dunha visita a un produtor agroalimentario sen necesidade de saír da aula.

Ver para crer… e aprender

Coñecen os teus alumnos de onde sae o queixo, a carne ou as patacas? En definitiva, coñecen a orixe dos produtos que consumen habitualmente?

Mediante a nosa ferramenta educativa, descubrirán o proceso de elaboración que levan a cabo distintos produtores agroalimentarios locais e ademais, mediante as actividades asociadas afianzarán o aprendido. É moi sinxelo, só tes que seguir os pasos.

Rexístrate ou accede co teu login
Visualiza o contido na clase
Descarga as actividades asociadas e realízaas en grupo.
Taller de

Arroyabe

Bermeo (Bizkaia)

Arroyabe é unha conserveira de peixe situada no concello biscaíño de Bermeo. Conta con máis de 100 anos de historia, xa que antigamente se pescaba nos portos do Norte e subministrábase peixe a todas as cidades do interior da península. A día de hoxe, acontece o mesmo. O peixe chega directamente...

Ver video

Queres coñecer máis?

Aprende co comic E todo se fai aquí? De Tix e Loy

Descárgao!